
Novo videoclip dos brasileiros Moptop
Setembro 18, 2007Moptop – Sempre Igual
Parece que os Strokes cariocas aínda teñen pensado espremer o seu debut homónimo en longa duración do ano pasado un chisco máis. Tras sacar o primeiro single no 2006 O rock acabou, agora atacan con un novo sinxelo este Sempre Igual. Na súa web te invitan a re-misturar este tema e mesmo a realizar a túa propia proposta de videoclip que terá premio para aqueles participantes que eles escollan. Sei que para moitos a banda semella un calco de tantas bandas de Nova York mais resulta interesante observar como é posíbel facer algo de calidade, tanto na produción como no artístico, sen renunciar ao idioma de seu. Desde este blog animamos, pois, a todos aqueles que gustarían de cantar en galego e aínda non deron o paso, a facelo. Traballos como o de The Homens ou estes Moptop demostran que o rock e o pop non entran en conflito coa lingua galega.