
O retorno dos homens
Setembro 17, 2007

Un dos retornos máis agardados no panorama pop galego é o dos composteláns The Homens. Logo de percorrer a Galiza enteira deixando ao vivo mostras incontestábeis do seu bo facer musical encerráronse uns dias nos estudos Ultramarinos Costa Brava (Catalunya) para plasmar a súa salientábel evolución como banda no que será o terceiro longo traballo, que publicarán no selo Falcatruada e que aparecerá en formato cd (clásico) pero tamén como pack completo que incluirá vinilo, cd e mp3 (supoño que mediante un código para a súa descarga na rede). O disco chamado Tres estará á venda a partires do 15 de outubro, mentres non chega o momento podedes escoitar un pequeno adianto no espazo que o selo tenlles adicado na súa web. Preme aquí para escoitar tres temas de Tres. Poderedes comprobar a boa producción de Santi García responsábel do estudo onde tamén gravaron bandas como Tokio Sex Destruction ou Standstill, seus son a maior parte dos arranxos do disco que inclúen percusións,ventos, cordas e teclas para lle dar unha nova dimensión ao recoñecido, e recoñecíbel, son dos Homens. Sen dúbida unha boa noticia para todos aqueles que xa somos incondicionais do trio powerpop galegofalante con máis proxección de futuro.
Ghuau, estou desexando escoitalo xa!!