Fanny e Alexander – Danzarei para ti (se botas outra moeda)
Levabamos tempo agardando a chegada do novo disco dos Fanny e Alexander. Desde A Regueifa infórmannos de que o nome do seu traballo será “Finais dos 70s, comezos dos 80s” e levará de novo o particular selo de pop electrónico do dúo formado por Noel e máis Efi. As letras serán unha vez máis adaptadas de poetas como Carvalho Calero, Daniel Salgado ou Lois Pereiro. O tema de adianto que se nos presenta tanto en formato videoclip como en mp3 é este “Danzarei para ti (se botas outra moeda)” baseado no poema “Balada do peep-show” de Elvira Riveiro que acompañamos a continuación.
se botas outra moeda danzarei de novo para ti
non haberá máis condena que o vidro ennegrecido
(poderás seguir matando gatos nas piscinas)
e o bamboleo da que non se sabe se dentro dun camión de machorras
para a feira
ou a star dunha marcha triunfante-alucinóxena
e se sorrío poderás lerme nos dentes o destino que te
espera
(canto mellor será se a túa moeda é grande
e o teu amor)
pero mentres ollas e non afundo
neste asedio de lodo e de indixencia
en canto xira o meu podio fascinante
se botas outra moeda
danzarei de novo para ti

